Laxeiro, Fundación

Laxeiro, Fundación

Fundación constituída en Vigo o 23 de febreiro de 1999 en memoria de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro. Declarada de interese cultural e galego, ten como obxectivos a custodia, conservación e difusión da colección permanente que o artista legou á cidade de Vigo, e o apoio e difusión da obra dos novos creadores. Está rexida por un patronato en que están representados os concellos de Vigo e Lalín, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo, a familia do pintor e personalidades do mundo cultural e empresarial galego.

Palabras veciñas

laxeiro | Laxeiro | Laxeiro, Bienal | Laxeiro, Fundación | laxena | laxento -ta | Laxes