laxismo

laxismo

(

s m [RELIX]

Sistema de teoloxía moral dos ss XVI e XVII que minimiza as normas morais e licita o seguimento dunha opinión que ten unha menor probabilidade fronte a outra máis probable ou en contra da lei. Representado polos xesuítas, o laxismo suscitou unha longa polémica entre estes e os xansenistas, do que son reflexo Les provinciales de Pascal. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].