lazurita

lazurita

(

s f [MINERAL]

Silicato de sodio, aluminio e xofre, de fórmula Na4SSi3Al3O12. Pertence á subclase dos tectosilicatos e é un dos constituíntes do lapislázuli. Ten unha cor azul escura intensa non uniforme e láminas finas traslúcidas. Ten unha dureza de 5-5,5 e un peso específico de 2,38-2,45. Emprégase desde a Antigüidade en ornamentación.

Palabras veciñas

1 lazo | 2 lazo | lazulita | lazurita | lazzi* | LCD | LCR