Le Chatelier, principio de
Le Chatelier, principio de
[FÍS/QUÍM]
Principio segundo o que, nun sistema químico en equilibrio sometido a circunstancias esóxenas perturbadoras (como variación da presión ou da temperatura), o equilibrio tende a desprazarse no sentido de contrarrestar a acción producida. Foi enunciado independentemente por Le Chatelier e F. Braun. OBS: Tamén se denomina lei do desprazamento de equilibrio.