Lea, Fundación
Lea, Fundación
Fundación sen ánimo de lucro constituída o 22 de abril de 1992 en Santiago de Compostela. Entre os seus obxectivos inclúense o fomento do coñecemento e a difusión da cultura en xeral, a defensa e creación de medios de comunicación en todos os soportes e o apoio a investigación de novas técnicas expresivas e de diferentes soportes tecnolóxicos dos medios de comunicación.