lectorado

lectorado

(

  1. s m [EDUC]

    Cargo ou exercicio de lector.

  2. s m [RELIX]

    Oficio de quen corresponde facer as lecturas nas funcións litúrxicas, excepto as dos Evanxeos, que corresponden ao diácono. Foi suprimido na Igrexa latina como orde menor, mentres que na Igrexa oriental continúa existindo como oficio e como grao preparatorio diaconado.

Palabras veciñas

lectivo -va | lectoescritura | lector -ra | lectorado | lectoral | lectoría | lectura