LED
LED
[TECNOL]
Díodo electroluminiscente que se emprega habitualmente como elemento de sinalización en aparatos e circuítos electrónicos de baixo consumo. Está constituído por unha xunción pn que está electricamente polarizada en sentido directo e emite unha luz monocromática (espectro visible e infravermello) característica do material semicondutor co que se fixo e dunha intensidade proporcional á corrente orixinada na xunción.