Ledesma, ponte
Ledesma, ponte
Construción situada sobre o río Ulla, entre Gres (Vila de Cruces) e Ledesma (Boqueixón). Trátase dunha ponte do s XVI aínda que xa existira un paso anterior no mesmo lugar. Ata o s XIX cobrouse portaxe, xa que constituíu un importante nó de comunicacións que formaba parte do Camiño Real entre Ourense e Santiago de Compostela. Está formada por nove arcos de cantería sobre piares con rasante alombada.