leigo -ga

leigo -ga

(< lat laĭcu < gr λαἰκός‘popular’)

  1. adx e s

    Que ou quen non recibiu as ordes clericais nin pertence ao mundo eclesiástico.

    Sinónimos: segrar.
  2. adx e s [RELIX]

    Que ou quen non recibiu as ordes sagradas e que se dedica, preferentemente, aos traballos manuais e aos servicios necesarios para a comunidade nas ordes e congregacións relixiosas.

  3. adx e s

    Que ou quen non está iniciado ou non ten os coñecementos necesarios en determinada materia.

    Ex: Explícamo ben, porque son totalmene leigo en informática.

    Confrontacións: ignorante.