leite
(< lat lacte)
-
s
m
[ALIM]
Líquido segregado polas glándulas mamarias das femias dos mamíferos, despois do parto, para alimentar ao neonato. O leite é un líquido opalino, branco ou un pouco amarelo, de olor característico, lixeiramente doce e cunha composición variable. En alimentación humana emprégase o leite de diferentes especies zootécnicas utilizadas para muxir, pero a nivel mundial o leite que máis se produce é o de vaca cun 85% do total, seguido do leite de búfalo femia co 11%, o de cabra co 2%, o de ovella co 1,5% e por último o de camela cunha produción do 0,23%. A composición media do leite de vaca é: 3,8% de lípidos, 3,3% de proteínas (de alto valor biolóxico), 4,8% de glícidos, 0,7% de minerais, 87,5% de auga e pequenas cantidades de vitaminas, aminoácidos, compostos nitroxenados solubles, gases e outros compostos volátiles. Entre as proteínas, a dominante é a caseína, pero tamén ten lactoglobulina, lactoalbumina e enzimas. Os lípidos, que constitúen a graxa do leite, atópanse en forma de emulsión e fundamentalmente son triglicéridos, tamén inclúen colesterol, fosfolípidos, glicolípidos e carotenoides. Os glícidos están representados pola lactosa, denominada o azucre do leite. Os principais elementos minerais que contén son calcio, potasio, fósforo e cloruros, pero é deficitaria en ferro. O contido de vitaminas é moi completo, pero perde facilmente a vitamina C. O leite dos primeiros días despois do parto é o costro e caracterízase por presentar unha composición diferente ao leite; é beneficioso para o neonato nos primeiros días de vida. O leite de búfalo femia presenta maior cantidade de graxa, proteínas e lactosa có leite de vaca; o leite de cabra ten máis lactoalbumina e máis graxa; o leite de muller ten máis lactosa e lactoalbumina e menos caseína e minerais ca o de vaca e é máis dixestible; e tamén cómpre mencionar o leite de egua e o de burra, semellantes ao da muller, e o leite de ovella, con máis proteínas, máis graxa e máis calcio ca o de vaca. En repouso, o leite forma unha capa superficial rica en graxa, denominada nata ou crema, e se ferve, forma unha cutícula graxenta, denominada tea. O leite á intemperie vólvese agre, a caseína coagula e queda un líquido turbio, o soro, producido pola acción das bacterias lácticas, que transforman a lactosa en ácido láctico, esta acidez fai precipitar a caseína. Este proceso de acidificación do leite pódese provocar para producir derivados lácteos como o queixo e o iogur. Para evitar alteracións e conservalo, o leite é sometido a unha serie de tratamentos térmicos que, segundo a intensidade, pode minguar as súas características sensoriais e o seu valor nutritivo. As operacións industriais son a filtración, a centrifugación, a refrixeración, a homoxeneización e a normalización. Segundo o tratamento ou a modificación, o leite pode ser natural, certificado, concentrado, condensado, desnatado, enriquecido, esterilizado, evaporado, fermentado, hixienizado ou pasteurizado, irradiado, merengado, maternizado (modificado para semellar o humano), en po, rexenerado (aquel no que a graxa natural foi substituída por outra) e uperizado ou leite UHT. Os factores a ter en conta nunha análise de inspección son a cantidade e a natureza da graxa, da proteína e do extracto seco, a densidade, a acidez e o control microbiolóxico. A produción e o comercio do leite, xeralmente de vaca, constitúe unha importante industria nos países desenvolvidos. A produción, tanto para consumo como para a fabricación de queixo na Unión Europea, está controlada, polo que se lle concede unha cota de produción a cada gandeiro. En canto á produción láctea mundial, cómpre salientar que a Unión Europea é a maior produtora, en particular Alemaña, Francia, Reino Unido, Italia e Países Baixos. España ocupa o sexto lugar en importancia, e Galicia achega o 32% da produción nacional. Ao analizar a produción das distintas especies zootécnicas, obsérvase que en Europa o maior volume corresponde ao leite de vaca, seguido do de ovella e do de cabra. Asia a nivel mundial é a primeira produtora de leite de ovella, de leite de cabra e de leite de búfalo femia, polo contrario é a terceira produtora mundial de leite de vaca. África é a segunda produtora mundial de leite de cabra, ovella e búfalo femia, e é a menor produtora de leite de vaca. Tanto no continente americano como en Oceanía a produción láctea baséase case en exclusiva no leite de vaca, e carecen de importancia o resto de producións.
-
[ALIM]
-
s
m
Substancia alimenticia líquida que ten unha cor e unhas propiedades que lembran ás do leite, e que se emprega como bebida.
-
leite de améndoas
Bebida que se obtén ao triturar améndoas en auga e azucre.
-
leite de coco
Líquido un pouco doce e refrescante extraído da parte central dos cocos. OBS: Tamén se denomina auga de coco.
-
leite de soia
Emulsión que se obtén da soia remollada e rebrandecida, moi nutritiva, que, convenientemente modificada, pode substituír o de vaca.
-
leite vexetal
Emulsión que resulta de picar e espremer sementes vexetais e auga.
-
s
m
-
-
s
m
Líquido de aspecto semellante ao do leite.
-
s
m
[BOT]
Látex que se extrae das plantas.
-
s
m
Líquido seminal.
-
s
m
Emulsión cosmética máis ou menos fluída e perfumada que se emprega para coidar ou desmaquillar a pel.
-
leite uterino
[ZOOL]
Secreción producida polas pilosidades glandulares do oviduto dalgúns condritios vivíparos e que nutre o embrión.
-
s
m
-
leite cortado
Leite que acedou por culpa da calor.
-
leite de galiña
[PLANTA]
Planta herbácea bulbosa, de 10 a 30 cm de altura, que presenta follas estreitas cunha tira branca, flores de cor branca por dentro e verde por fóra, agrupadas en corimbo umbeliforme. Dáse en prados e lugares húmidos.
Frases feitas
-
De leite. Neno que aínda mama.
-
De leite. Neno que aínda mama.
-
Medrar coma o leite quente. Medrar moito e á présa.
-
Medrar coma o leite quente. Medrar moito e á présa.
-
Ser branco coma o leite. Ser moi branco algo ou alguén.
-
Ser branco coma o leite. Ser moi branco algo ou alguén.
Refráns
- Leite de cabra e leite de burra danse camiño da sepultura.
- O leite sen pan ata a porta vaL
- ¡Veñas noramala! -díxolle o leite á auga.