leiteiro -ra
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao leite.
-
adx
Que contén leite.
-
adx
Que produce leite.
-
s
Persoa que vende ou recolle leite.
-
industria leiteira
Industria dedicada á preparación do leite para o consumo e á elaboración e comercialización doutros produtos derivados do leite. A industria láctea está formada por algo máis de 100 establecementos industriais que recollen e transforman o leite producido en Galicia. En xeral, o conxunto das empresas leiteiras recollen anualmente ao redor dos 1.800 millóns de litros, o 85% do total español, e crean ao redor de 2.100 empregos directos e unha gran cantidade de indirectos. Destacan, pola súa transcendencia económica, as grandes empresas dedicadas á elaboración de leite envasado e produtos frescos, así como as queixerías de carácter artesanal e tamaño medio e pequeno que elaboran queixos das denominacións de orixe Queso de Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Queixo do Cebreiro.