lemming*
lemming*
s
m
[ANIMAL]
Mamífero roedor, que pertence aos xéneros Dicrostonyx, Synatomys, Myopus e Lemmus da familia dos múridos, duns 12 cm de lonxitude. Presentan a cabeza grosa, orellas pequenas, nariz pequeno e apuntado, cola rudimentaria, pelaxe variable segundo a especie e corpo redondeado. Habitan en tobais preto da auga e aliméntanse de materia vexetal. A especie máis común, L. Lemmus, habita en Escandinavia, nos bosques de bidueiros e cimbros, onde escava galerías e se nutre de herbas. Cando a densidade da poboación aumenta e o alimento é insuficiente, realizan migracións, e ao chegar ao mar morren moitos por esgotamento porque o confunden cun río ou lago. Hai especies que nunca migran pois non alcanzan esas proporcións tan esaxeradas.