leonés -sa
(< topónimo León)
-
-
adx
Relativo ou pertencente a León (cidade, provincia ou antigo reino) ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de León.
-
adx
-
[LING]
-
adx
Relativo ou pertencente ao leonés.
-
s
m
Lingua que se estendía polo antigo reino de León, desde Asturias ata Badajoz, e que aínda se fala no occidente de Cantabria, parte das provincias de León, Zamora, Salamanca e norte de Cáceres. Os seus trazos máis destacados son: ditongación de Ŏ latino en ue, ua, uo (PŎRTA > puerta/puarta/puorta) e de Ĕ latino en ie, ia (PĔDEM > pie/pia); mantemento dos ditongos decrecentes ou, ei (CAUSA > cousa, LAICU > leigo); fenómeno da metafonía en que as vocais finais i, u pechan a vogal tónica: a > e (guetu ‘gato’), e > i (pirru ‘can’), o > u (puzu ‘pozo’); a apéntese de i en final de palabra (braciu ‘brazo’, pastiu ‘pasto’); a palatalización de L- inicial latino (LUNA > lluna; LOPU > llobo); [ ∫ ] procedente de -X- e -SC- (ASCIATA > eixada), así como de G+e,i e J (xelo ‘xeo’); mantemento do grupo -MB- inalterado (llombu ‘lombo’); e a lateralización do elemento implosivo dos grupos T’C, B’T, etc (NATICA > nalga).
-
adx