lepidóptero -ra

lepidóptero -ra

(< lepido- + -ptero)

  1. adx

    Que ten as ás escamosas.

  2. [ANIMAL/ENTOM]
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos lepidópteros.

    2. s m

      Insecto da orde dos lepidópteros.

    3. s m pl

      Orde de insectos, da clase dos pterigotos, que se caracteriza por presentar catro ás membranosas con pouca venación e recubertas de escamas, a miúdo moi coloridas, e unha espiritrompa para chuchar o néctar e os zumes vexetais. Utilízanse as denominacións macrolepidóptero e microlepidóptero para designar respectivamente as bolboretas grandes (de 2-3 cm ou máis) e as bolboretas pequenas (de 2-3 cm ou menos). A cabeza, pequena, contén os ollos compostos, as antenas (de forma variable -plumosas, filiformes, rematadas en mazo- e que os machos usan para captar as feromonas das femias) e a espiritrompa, que é unha modificación das maxilas e cando non a utilizan para alimentarse está enrolada e protexida pola cápsula cefálica. A fase larval móbil denomínase eiruga. Estas posúen mandíbulas mastigadoras, e a gran maioría son fitógamas, algunhas delas moi prexudiciais para a agricultura e os bosques. Moitas elaboran casulos co fío de seda que segregan para protexer o estado de ninfa, que nos lepidópteros se denomina crisálida. Describíronse unhas 150.000 especies.

Palabras veciñas

Lepidodendro | lepidolita | Lepidophorum | lepidóptero -ra | lepidopterólogo -ga | lepidopteroloxía | Lepidopus