leptográfico -ca
leptográfico -ca
(< lepto- + gráfico)
adx
[IMAX]
Aplícase ao papel fotográfico que se realiza cunha emulsión ao colodión sensibilizada con sales de prata. A capa de sulfato de bario que se introduce entre a emulsión e o papel soporte proporciona maior estabilidade e duración á fotografía, ademais dunha mellora estética. Presentárono por primeira vez Jean Laurent e José Martínez Sánchez, en París e Madrid, en 1866.