1 leptón

1 leptón

( 2 -ón)

s m [FÍS]

Nome xenérico dunha familia de partículas fundamentais de que está composta a materia, que se caracteriza por ser fermións (xa que teñen spin semiimpar) e por non experimentar a interacción forte. Son de estrutura simple e nas primeiras clasificacións de partículas eran as menos pesadas. Os máis coñecidos son o electrón, o muón e o tauón, todos eles de carga eléctrica negativa e os correspondentes neutrinos (o neutrino electrónico, o neutrino muónico e o neutrino tauónico) sen carga eléctrica, e as antipartículas de todos eles, xenericamente denominados antileptóns, de igual masa pero de carga oposta.

Palabras veciñas

leptomedusa | leptomeninxe | Leptomonas | 1 leptón | 2 leptón* | leptónico -ca | Leptoptilus