lesión
lesión
(< lat laesĭōne)
-
s
f
[PAT]
Alteración dos caracteres anatómicos e histolóxicos dun órgano que se debe á influencia dunha causa morbosa. Non é unha causa da enfermidade, senón un efecto, e o seu estudo pertence á anatomía patolóxica.
-
s
f
[DER]
Prexuízo que experimenta unha das partes cando hai unha desigualdade nos seus obxectos ou prestacións.
-
s
f
[DER]
Delito ou falta que se comete por danos corporais producidos sen a intención de matar. O consentimento libremente que expresa o paciente exime de responsabilidade nos supostos de transplante de órganos, feitos de acordo co que dispón a lei, e de esterilizacións e cirurxía transexual.
-
s
f
[BOT]
Alteración patolóxica dun tecido ou dun órgano vexetal.