letarxia

letarxia

(< lat lethargu < gr λήθαργος)

  1. s f
    1. [PAT]

      Sono anormal, profundo e continuado, durante o que o enfermo só pode dar algunhas respostas vagas, sen espertarse por completo nin gardar ningún recordo.

      Sinónimos: letargo.
    2. Estado de inacción e de indiferencia.

      Sinónimos: letargo.
    3. [ZOOL]

      Estado de inactividade polo que pasan determinados animais cando as condicións do medio son desfavorables. A letarxia caracterízase pola redución ao mínimo do metabolismo, da temperatura corporal, do ritmo respiratorio e cardíaco ou da produción de enzimas. Durante a letarxia o animal vive das reservas acumuladas durante a época favorable. OBS: Recibe o nome de hibernación ou de estivación, segundo coincida cos meses fríos ou cos cálidos.

      Sinónimos: letargo.
  2. s f [FÍS]

    Magnitude sen dimensións, igual a log E 0 /E (sendo E e E 0 dous valores da enerxía dun sistema), que permite simplificar a formulación no estudo da diminución de enerxía nun proceso físico, como é a moderación dos neutróns nun reactor nuclear.