leucocito

leucocito

(< leuco- + -cito)

s m [FISIOL]

Nome xenérico dun conxunto polimórfico de células que integran o sangue e que proceden, segundo o tipo da medula ósea, do tecido linfático ou do sistema retículo-endotelial. A súa misión é a loita contra os axentes nocivos. Clasifícanse en granulocitos (divididos en neutrófilos, basófilos e eosinófilos), linfocitos e monocitos. A proporción entre estes elementos constitúe a fórmula leucocitaria. OBS: Tamén se denominan glóbulos brancos.