leucón

leucón
s m [ZOOL]

Tipo de organización corporal das esponxas. É a máis complexa e caracterízase porque se forman, no interior dos canais por onde entra a auga, cámaras flaxeladas, compostas por coanocitos que moven a auga e a verten nos canais escorrentes para que saia ao exterior polo ósculo. A auga entra e sae das cámaras polos condutos aferentes e eferentes respectivamente. Este tipo de organización é común en esponxas coloniais.

Palabras veciñas

leucoencefalite | Leucojum | leucoma | leucón | leuconiquia | leucopatía | leucopenia