leucorrea
leucorrea
(
s
f
[FISIOL/PAT]
Secreción xenital feminina, de cor abrancazada, que pode provir do útero ou da vaxina. En pequena proporción é normal, pero pode ser indicativa de alteracións orgánicas, e sobre todo aumenta nas infeccións venéreas, como na blenorraxia. Son indicativos de leucorrea patolóxica o aumento de cantidade, o cambio de cor e o mal olor da secreción, así como a presenza de sangue. OBS: Tamén se denomina fluxo branco.