Levallois, técnica
Levallois, técnica
[PREHIST]
Técnica de talla da pedra que consiste en traballar os cantos proporcionándolles unha forma estándar, de xeito que prefigurase a forma que se quería obter da lasca desprendida. Os núcleos caracterizábanse pola forma coa punta aguzada. Posteriormente extraíanse lascas, cun percutor brando intermedio, que se convertían en diversas ferramentas. Malia que debeu aparecer no Paleolítico Inferior, forma o substrato máis potente do Paleolítico Medio e está asociada aos neanderthais.