léxico -ca

léxico -ca

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás palabras dunha lingua.

  2. s m
    1. Conxunto de palabras dunha lingua.

      Ex: A maioría do léxico galego procede do latín.

      Sinónimos: vocabulario.
    2. Conxunto de palabras propias dunha persoa, grupo, materia ou disciplina.

      Ex: Emprega un léxico moi culto. Estudian o léxico dunha remota zona das montañas. O libro trata do léxico xurídico.

      Sinónimos: vocabulario.
    3. Dicionario ou vocabulario dunha lingua. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].