lexítimo -ma
lexítimo -ma
(< lat legitĭmu)
-
adx
Que é conforme ás leis ou ao dereito.
Confrontacións: legal. -
adx
Que non está prohibido pola lei ou pola moral.
Ex: Paréceme lexítimo que non lles axude despois do mal que o trataron.
-
adx
Que non é falso.
Ex: Comprou un reloxo de ouro lexítimo.
-
lexítima defensa
[DER]
Defensa da persoa ou dos dereitos propios ou alleos que exime de responsabilidade penal polo dano ocasionado ao agresor, sempre que a agresión sexa ilexítima, non provocada e o medio empregado para impedila sexa racional.