Libro Guinness das Marcas
Libro Guinness das Marcas
[COMUN]
Libro publicado por primeira vez en agosto de 1955 en que se inclúen as mellores marcas de cada especialidade. A idea partiu do director-xerente da empresa cervexeira Guinness, quen a confiou a Norris e Ross McWhirter, creadores dunha axencia onde se rexistraban estas marcas. Cunhas vendas que superan os 94 millóns de exemplares, difúndese en máis de 100 países e está traducido a 37 idiomas.