Licaonia
Licaonia
Antiga rexión de Asia Menor situada na parte máis interna de Anatolia Central. Sometida polos persas no s IV a C, pasou ao dominio dos macedonios e formou parte, sucesivamente, do Reino dos Seléucidas e do de Pérgamo (133 a C). Agregada á Cilicia en época romana, conserva monumentos da época cristiá.