licor

licor

(

  1. s m [IND]

    Bebida alcohólica aromatizada e doce, que se prepara por maceración, infusión ou destilación de materiais vexetais con alcohol, ou ben pola adición a alcohois de extractos aromáticos, esencias ou aromas. De composición diversa, o contido alcohólico é superior a 30°, e o contido en azucre, moi variable, é superior ao 2%.

  2. s m [QUÍM]

    Disolución nunha proporción determinada de substancias medicinais ou de reactivos químicos nun solvente, xeralmente acuoso. En farmacia son coñecidos o licor amoniacal anisado (amoníaco, alcohol e esencia de anís), o de Hoffmann (éter e alcohol), o de Fowler (arseniato potásico e auga) e o de Van Swieten (cloruro mercúrico, alcohol e auga).

Palabras veciñas

licopodíneo -a | licopodio | Licópolis | licor | licoreira | licorina | licorista