licósido -da
licósido -da
(< lat científico Lycosa)
-
adx
Relativo ou pertencente aos licósidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Araña da familia dos licósidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de arañas, da clase dos arácnidos, de corpo pequeno e peludo, de cor marrón ou negra. Son animais que se moven con moita rapidez e presentan unha maior actividade durante a noite. En Galicia estan presentes especies dos xéneros Alopecosa, Arctosa, Aulonia, Lycosa, Pardosa, Trochosa e Xerolycosa.