Liga dos Dereitos do Home

Liga dos Dereitos do Home

Asociación francesa fundada en 1898 polo senador republicano Ludovic Tavieux que tiña como misión defender os principios de liberdade, igualdade e xustiza recollidos na Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán de 1789, de 1793 e posteriormente na Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948). Creada no momento de máxima tensión do caso Dreyfus, a liga foi moi activa durante a III República e inspirou a política de laicismo. Independente dos partidos políticos, representou un papel destacado no debate dos grandes problemas políticos franceses.