ligante

ligante

(< ligar)

  1. s m [PINT]

    aglutinante.

  2. s m [QUÍM/CONSTR]

    Aglomerante que se utiliza para unir o material granular dun conglomerado e convertelo, ao se endurecer, nunha masa sólida de reoloxía característica. Entre os ligantes que se utilizan en construción e obras públicas están os ligantes hidráulicos, que actúan principalmente por hidrólise ou por reaccións químicas (cemento pórtland ou cal) e os ligantes bituminosos, en que o endurecemento se produce por redución da temperatura, evaporación ou ruptura do solvente dun produto bituminoso.

Palabras veciñas

ligamentopexia | ligamentoso -sa | ligando | ligante | ligar | ligase | ligazón