lignito
lignito
(< lat lignu ‘madeira’)
s
m
[XEOL/ECON]
Carbón mineral natural, o máis pobre en carbono (do 55 ao 75%) e case sempre de orixe Terciaria. A cor é marrón escura e mate, aínda que ás veces pode ser negra e brillante. É brando e suave, a súa densidade oscila entre 1,12 e 1,14 e a súa estrutura é case sempre vexetal, aínda que ás veces, nalgunhas variedades, semella homoxéneo, terroso, foliáceo ou esquistoso. Utilízase esencialmente como combustible, aínda que o seu poder calorífico é inferior ao da hulla. A pouca profundidade permite a extracción a ceo aberto, con utilización de medios mecánicos, que favorecen unha produtividade elevada.