limes*
limes*
s
m
[HIST]
Sistema defensivo de fronteira ou raia fortificada en áreas periféricas do Imperio Romano. Inicialmente o termo designaba as fronteiras do imperio, limes imperii, e os dispositivos militares que se establecían nela. Posteriormente, cando as fronteiras acadaron unha certa estabilidade, constituíuse nunha liña continua fortificada paralela á fronteira ou baseada en enclaves estratexicamente dispostos. A construción deste tipo de elementos defensivos iniciouse no s I e acadou o seu maior desenvolvemento no s II co Emperador Adriano, que fortificou as fronteiras en Panonia, Illas Británicas e África, e durante a dinastía dos Severos. Integraba cidades amuralladas e campamentos xunto con pequenos recintos fortificados.