limpo -pa

limpo -pa

(< lat limpĭdu)

  1. Río do S de África, que nace no macizo de Witwatersrand, situado na República Sudafricana (1.680 km). Ao longo do seu percorrido describe unha gran curva e fai de fronteira natural entre Sudáfrica, Botswana e Zimbabwe, en forma de grandes cadoiros; despois penetra en Moçambique e desemboca ao NL de Lourenço Marques no Océano Índico.

  2. p irreg

    de limpar ou limparse.

  3. adx
    1. Que non ten mancha nin sucidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Non é limpo o que limpa, senón o que non luxa. Tan limpa é a miña nora que ata os allos lava. Tan limpa e tan recachada, e cada mes pon a camisa lavada”.

      Ex: Os cristais quedaron moi limpos. Puxo unha camisa limpa.

    2. Que non ten mesturas nin impurezas.

      Ex: Dese pozo obtense auga limpa.

    3. Que non ten alteracións.

      Ex: As imaxes desde o estadio chegaban limpas e nidias.

  4. adx
    1. Que está libre de algo.

      Ex: O vento deixou o val limpo de néboa. O prato da sobremesa quedou limpo.

    2. Que está despoxado do que lle sobra ou do que non serve.

      Ex: Pídelle á peixeira que che poña un quilo de fanecas limpas.

    3. Aplícase á cantidade de cartos que xa están libres de impostos ou deducións.

      Ex: Gañou 1.200 euros limpos.

  5. adx
    1. Que ten o hábito ou o costume da limpeza.

      Ex: É unha persoa moi limpa.

    2. Que non ensucia, dana ou contamina.

      Ex: É preciso utilizar enerxías limpas que non danen a natureza.

  6. adx

    Que se percibe de xeito nítido por non presentar irregularidades.

    Ex: O contorno das montañas constitúe un corte limpo na paisaxe.

  7. adx
    1. Que ten horadez ou decencia.

      Ex: Non é xente limpa esa coa que te xuntaches.

    2. Que non cometeu ningún acto ilegal.

      Ex: Examinaron o vehículo e deixaron que o condutor marchase porque estaba limpo.

  8. adx

    Que está ben feito.

    Ex: Os albaneis fixéronlle un traballo limpo e curioso.

  9. adx

    Que perdeu os cartos ou que quedou sen nada, aplicado especialmente aos xogos de azar.

    Ex: Foi ó bingo e saíu limpo.

  10. adx

    Que segue as regras fixadas.

    Ex: O árbitro pediulles ós loitadores que fixesen un combate limpo.

  11. s m

    Aplícase aos fondos mariños e fluviais que non presentan perigo para a navegación.

  12. adv

    Con limpeza.

Frases feitas

  • A golpe limpo/A patada limpa. Dar, repetidamente, o que se expresa. Ex: Sacárono do bar a patada limpa.

  • A golpe limpo/A patada limpa. Dar, repetidamente, o que se expresa. Ex: Sacárono do bar a patada limpa.

  • Pasar/poñer a limpo. Facer definitivo o que se tiña de xeito provisional. Ex: Teño que pasar a limpo as notas que tomei na clase.

  • Pasar/poñer a limpo. Facer definitivo o que se tiña de xeito provisional. Ex: Teño que pasar a limpo as notas que tomei na clase.

  • Sacar en limpo. Conseguir algún tipo de beneficio. Ex: Non saquei nada en limpo das súas explicacións.

  • Sacar en limpo. Conseguir algún tipo de beneficio. Ex: Non saquei nada en limpo das súas explicacións.

Palabras veciñas

limpeza | limpidez | límpido -da | limpo -pa | limpo -pa | Limpopo | limporrio