Linaria

Linaria
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, anuais e perennes, da familia das escrofulariáceas, que presenta follas simples, enteiras, verticiladas ou alternas e sésiles, flores agrupadas en inflorescencias terminais ou axilares e froito en cápsula. En Galicia están presentes diversas especies, L. spartea, L. elegans, L. polygalifolia, L. triornithophora ou L. saxatilis, entre outras.