linfático -ca
linfático -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente á linfa.
-
sistema linfático
[ANAT/FISIOL]
Sistema complexo constituído por capilares, vasos, colectores linfáticos, nódulos linfáticos, bazo, amígdalas e timo. É por onde circula a linfa nos animais vertebrados. A súa función é drenar a linfa sobrante dos espacios intercelulares e devolvela ao sistema circulatorio, transportar parte das graxas que se absorben na dixestión e ser un dos compoñentes importantes do sistema inmunitario do organismo.
-
tecido linfático
[BIOL]
tecido linfoide.
-
vaso linfático
[ANAT]
Conduto que transporta a linfa.