linfocito

linfocito

(< linfo- + -cito)

  1. s m [BIOL]

    Leucocito de núcleo único, que ocupa case a totalidade da célula, rodeado dun citoplasma basófilo. Desempeña un papel fundamental na resposta immunitaria, xa que son os responsables da produción dos anticorpos. Están presentes no sangue, a linfa e os tecidos linfáticos. Distínguense dúas clases, os linfocitos T e linfocitos B, segundo a actividade funcional que presentan in vivo e in vitro, os antíxenos da súa superficie celular e o órgano que os produce. OBS: Tamén se denomina célula branca.

  2. linfocito B [BIOL]

    Linfocito de vida media curta, días ou semanas, que se orixina na bolsa de Fabricio dos paxaros e na medula ósea dos mamíferos. É responsable da inmunidade humoral e da produción de anticorpos. OBS: Tamén se denomina célula B.

  3. linfocito T [BIOL]

    Linfocito de vida media longa, meses ou anos, que se orixina na medula ósea e se diferenza no timo. Son os responsables da inmunidade celular. Existen varias subpoboacións de linfocitos T: os linfocitos T colaboradores (linfocitos T4), que estimulan a formación de linfocitos B produtores de anticorpos e recoñecen os axentes extraños; os linfocitos citotóxicos (linfocitos T8) que danan as células alleas ao órganismo e son a causa do rexeitamento dos órganos transplantados; e os linfocitos supresores, que inhiben a formación de linfocitos B produtores de anticorpos. OBS: Tamén se denomina célula T.