linfoide
linfoide
(< linf- + -oide)
-
adx
Que se asemella á linfa ou ao tecido linfático.
-
órgano linfoide
[ANAT]
Órgano que forma parte do sistema inmunolóxico. Os órganos linfoides teñen un importante papel na produción e activación de linfocitos. Clasifícanse en primarios, coa medula ósea, o timo e a bolsa de Fabricio (nas aves); e secundarios, cos ganglios linfáticos, o bazo, as amígdalas e as placas de Peyer.
-
tecido linfoide
[BIOL]
Tecido onde se producen os linfocitos. Atópase en diversos lugares do corpo como os ganglios linfáticos, o timo, o bazo, as amígdalas, a medula ósea ou tamén disperso no sistema dixestivo ou no respiratorio. O tecido linfoide é o principal compoñente do sistema inmunolóxico. OBS: Tamén recibe o nome de tecido linfático.