linguograma

linguograma

(

s m [LING]

Representación das zonas de contacto articulatorio linguopalatal sobre a lingua. O método linguográfico, empregado sobre todo pola fonética experimental clásica, consiste no feito de pintar, xeralmente, un padal artificial, cunha emulsión que deixa trazos do contacto coa lingua despois dunha articulación simple.