liofilizador -ra

liofilizador -ra

(

  1. adx

    Que liofiliza.

  2. s m [QUÍM/TECNOL]

    Aparato que se emprega para realizar a liofilización. Consta dunha cámara seca, dun condensador, dun sistema de baleiro e dun compresor de frío. A cámara seca é onde se coloca a substancia que se vai liofilizar. No condensador condénsanse os vapores que proceden da sublimación da substancia e mantense a unha temperatura inferior ao da cámara seca. O sistema de baleiro e o compresor producen o baleiro e os cambios de calor necesarios na cámara seca e no condensador.

Palabras veciñas

liofílico -ca | liofilización | liofilizado -da | liofilizador -ra | liofilizar | liófilo -la | liofobia