Lira, pazo de
Lira, pazo de
Construción situada en Salvaterra de Miño. Ten planta en forma de L e presenta no ángulo unha torre de tres plantas con ameas e cuberta a catro vertentes. Engadiuse un pequeno anexo nun lateral e quedou conformada así unha planta en forma de U. A torre é a parte máis antiga e arredor dela naceu a casa. A capela dedícase ao Santísimo Sacramento e conserva a data de 1530.