litografía
litografía
(
-
s
f
[GRÁF]
Sistema de impresión baseado no fenómeno físicoquímico da repulsión que existe entre a auga e as materias graxas. Foi descuberto en 1798 por Aloys Senefelder. Contrariamente aos outros sistemas de impresión, tanto as partes impresas como as brancas están ao mesmo nivel, pois a base graxa sobre o debuxo é a que retén a tinta. É un sistema en desuso, substituído por outros máis rápidos e modernos (offset, fototipia, serigrafía e xerografía).
Sinónimos: litotipia. -
s
f
[GRÁF]
Cada un dos exemplares que se obteñen polo procedemento litográfico. Enténdese por litografía orixinal cando o creador da obra debuxou directamente sobre a pedra.
Sinónimos: litotipia. -
s
f
[GRÁF]
Taller onde se exerce a litografía.
Sinónimos: litotipia.