lixeiro -ra
(< fr léger)
- adx
-
adx
Que se move con facilidade e rapidez.
Ex: O capitán ordenoulles que marcharan a paso lixeiro.
-
adx
Que ten pouco corpo, substancia ou materia.
Ex: Fixo un vestido cunha tea moi lixeira.
-
adx
Que se dixire con facilidade.
Ex: Pola noite come algo lixeiro.
-
adx
Aplícase ao viño que ten pouca gradación.
Ex: Deste viño podes tomar unha copa que é moi lixeiro e non se che sobe á cabeza.
-
adx
Que ten pouca importancia.
Ex: Sofre unha lixeira dor de cabeza.
Sinónimos: lene, leve. -
adx
Que é pouco intenso.
Ex: Sempre tivo un sono bastante lixeiro.
-
adx
Que non ten moita seriedade ou interese.
Ex: O programa da televisión tiña un tema bastante lixeiro.
-
adx
Que está falto de formalidade ou rigor, reflexión ou consistencia no seu carácter ou nas súas accións.
Ex: É un rapaz moi lixeiro e como non cambie vai ter problemas.
Frases feitas
-
Á lixeira loc adv Sen reflexionar.
-
Á lixeira loc adv Sen reflexionar.
-
Man lixeira. Expresión que se aplica a unha persoa que lle bate a outra por calquera causa e sen motivo.
-
Man lixeira. Expresión que se aplica a unha persoa que lle bate a outra por calquera causa e sen motivo.