lixivia

lixivia

(< lat lixivĭa)

  1. [QUÍM]
    1. s f

      Auga que ten en disolución sales alcalinos ou álcalis.

    2. lixivia de hipoclorito

      Disolución acuosa de hipoclorito potásico, nun exceso de hidróxido potásico.

  2. s m [QUÍM]

    Líquido alcalino que se emprega para branquear a roupa ou quitarlle as manchas. Antigamente obtíñase tratando con auga fervendo a cinza do carbón, pero actualmente emprégase unha disolución acuosa de sales alcalinos, especialmente de hipoclorito sódico.

  3. s m [IND]

    Disolución que se emprega na fabricación da pasta de celulosa para a separación da lignina da pasta. Os seus compoñentes básicos son o sulfito ou sulfato cálcico, magnésico, sódico ou amónico, ou ben a sosa cáustica.

Formas incorrectas

lexía

Palabras veciñas

Lixeriano | lixeriano -na | lixio -xia | lixivia | lixiviación | lixiviador | lixiviadora