loa

loa

(< loar)

  1. s f

    loanza.

  2. s f
    1. [LIT]

      Poema laudatorio que está dedicado a unha persoa ou a un acontecemento notable.

    2. [LIT/ESPECT]

      Introito do espectáculo teatral, recitado e/ou cantado, que tiña como finalidade a presentación do propio espectáculo ademais de saudar á veciñanza onde tiña lugar a función e cantar as virtudes e milagres do santo patrón da vila. Tamén servía como presentación da compañía, do autor e das súas obras. Finalmente, a loa rematou por ser unha obra laudatoria independente de carácter breve.

  3. s f pl

    Cantos para honrar á Virxe ou aos santos.

Palabras veciñas

1 lo | 2 lo | Lo-Johansson, Ivar | loa | Loa | loable | Loaces