lobi
lobi
-
adx
Relativo ou pertencente aos lobi ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo lobi.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo de África Occidental que habita en Burkina Faso, Costa de Marfil e Ghana desde finais do s XVIII. Durante o proceso de colonización enfrontáronse á ocupación francesa. Dedicábanse principalmente á agricultura do millo, millo miúdo e sorgo. Complementan a súa economía coa cría de gando vacún. Organízanse en aldeas, cada unha cos seus propios costumes e lideradas por un xefe relixioso.
-
s
m
[LING]
Lingua da familia gur do phylum níxer--congo que falan os lobis.