logos
logos
(< gr
s
m
[FILOS/RELIX]
Termo de orixe grega que pode significar ‘palabra’, ‘razón’ ou ‘concepto’ e que tivo un papel fundamental na filosofía de Occidente e na teoloxía cristiá tradicional. Os gregos interpretárono como expresión do paso dun estadio de pensamento mítico a outro racional mentres que para Heraclio é a proporción razoable que é lei do mundo e fai posibles o equilibrio e a xustiza. Os estoicos fixeron do logos a divindade que entra no universo como principio vivente, e o platonismo alexandrino concebiuno como intermediario entre Deus e o mundo. O logos grego foi reinterpretado por diversos filósofos, como Husserl e Heidegger, á luz do pensamento occidental moderno.