loito

loito

(< lat luctu)

  1. s m

    Dor ou aflición que se sente pola morte de alguén.

    Ex: Declaráronse sete días de loito pola morte da raíña.

    1. s m

      Roupa ou símbolos que se levan como sinal de dor pola morte de alguén. A cor deste varía segundo as culturas, o negro é o máis frecuente nas occidentais e o branco nas orientais. Tradicionalmente, a duración do período de loito depende do grao de parentesco que se teña co defunto.

    2. alivio de loito

      Loito menos rigoroso que se reflicte na introdución de cores distintas á negra, normalmente o gris.

  2. s m

    Panos de cor negra que se colocan durante as exequias. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.

Refráns

  • Camisa e touca negra non tiran ánima de pena.

Palabras veciñas

Loita Obreira | loitador -ra | loitar | loito | loitosa | loitosiña | Loiu