López de Prado

López de Prado
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se estableceu en Castro de Rei e Monforte de Lemos. As súas armas traen, escudo partido: primeira partición, en campo de goles, con seis besantes de ouro, colocados en dous paos de tres; orla de prata, cargada de oito aspas de goles; segunda partición, en campo de prata, cun león de sable coroado do mesmo; bordo xeral de goles cargado de seis panelas de ouro, unha en xefe, outra na punta e dúas en cada flanco.