López-Doriga
López-Doriga
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo partido: primeira partición, en campo de azul, cun castelo de prata, rematado en ameas e con cachotería de sable; bordo de ouro cargado de seis escudiños de goles, cunha banda de ouro; segunda partición, en campo de prata, cunha torre donxonada da súa cor, e saínte dela un león da súa cor; bordo de goles, cargado de seis cunchas de vieira, de prata.