loriga

loriga

(

  1. s f [BÉL]

    Armadura para a defensa do corpo feita de pequenas láminas de aceiro imbricadas. Hai tres modalidades básicas: lorica hamata, cota de mallas; lorica scammata, formada por escamas de ferro ou aceiro; e lorica segmentata, de tiras de metal.

  2. s f [BÉL]

    Armadura que se emprega para protexer o cabalo no combate.

  3. s f [ZOOL]

    Cutícula quitinosa dos loricíferos.